Benvidos ao Colexio María Assumpta

Feira do Libro
Hoxe 16 de maio organizamos a Feira do Libro nos Xardíns de Felipe de Castro da Alameda de Noia. Houbo diferentes stands de distinta temática, sendo o protagonista o stand de Valentín Paz Andrade con motivo das Letras Galegas. Outros stands foron por exemplo: cociña, xardinería, deportes, inglés, francés, meigas e feitizos, misterio e detectives, a escola de onte e de hoxe, ciencias, bricolaxe, libro infantís... De cada stand encargabámonos varios alumnos caracterizados, por exemplo, no de Cociña iamos vestidos de cociñeiros, no de Ciencias de científicos, no de Misterio de detectives... e así en todos. En cada stand os visitantes tiveron unha actividade diferente para entreterse. Tamén houbo bastantes alumnos espallados entre os stands interpretando diferentes pezas musicais con instrumentos como a flauta traveseira, violín, trompa, gaita, panderetas, acordeón, guitarra... Outra cousa interesante foi a exposición de réplicas das laudas gremiais realizadas por alumnos de 5º de Primaria. A verdade é que quedaron preciosas!
Foi unha xornada distinta na que aprendimos cousas moi interesantes sobre os diversos temas da feira.
Desde o Colexio queremos agradecer ao Concello de Noia a súa colaboración no evento.
Celebración da pañoleta
Este venres pola tarde tivo lugar no Colexio a celebración da imposición de pañoleta de Alcor. Foi un momento moi especial por todo o que a pañoleta e estrelas de Alcor significan para o grupo. Acompañáronnos tamén algunhas familias a esta celebración chea de emocións, música, baile e moita alegría.
Diverciencia no patio
Esta semana os alumnos de 4º de ESO sacamos o laboratorio ao patio, fixemos prácticas para infantil, primaria, secundaria e ciclos formativos; volcáns en erupción, chuvia ácida, explosións, experiencias de flotación... e moitas cousas máis. Este foi un traballo complicado polo que fomos moi valorados (e mesmo saímos na Voz de Galicia!), pero tamén foi un traballo satisfactorio e do que aprendemos moito.
Saída a Correos
Os nenos de 6º de Infantil estamos a traballar este mes o proxecto "Unha sorpresa no buzón". Para coñecer un pouco mellor como é o traballo dun carteiro desprazámonos ata a oficina de Correos de Noia para descubrir o proceso de envío e recollida de cartas e paquetes. Aprendimos moito e comprobamos que xa estaban alí as cartas que nós mesmos enviamos aos nosos compañeiros. Agora esperamos con moita ilusión que un carteiro veña pronto a entregárnolas ao colexio!!
Festa da Lingua 2012
O día 4 de maio algúns alumnos de 4º e 5º de Primaria asistiron á entrega do premio literario Frei Martín Sarmiento que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago.
Ao chegaren foron recibidos cunha actuación de malabares e humor; unha vez rematado falaron cos autores finalistas e acabaron entregándolles os premios aos gañadores das súas respectivas categorías. Despois seguiron a participar nos diferentes obradoiros que se atopaban ao longo e ancho do amplo salón. Fixemos un alto para repoñer forzas cun bo xantar e continuamos disfrutando dos diversos xogos que había preparados polos monitores ata, unha vez esgotados, coller rumbo cara ao colexio de novo para descansar durante a fin de semana.
Curtametraxe "Luz"
Un ano máis, no colexio Maria Assumpta realizamos unha curtametraxe cos alumnos de 4º da ESO e algunha cara coñecida. Estrearémola proximamente en Noia, xa vos iremos informando.
Aquí vai un pequeno adianto:












